Disco Las Palmeras!

Cunha guitarra modificada con corda de baixo e cun complicado tramado de amplificadores e pedais de efecto, Disco Las Palmeras! conseguen sen dúbida multiplicarse. O seu envolvente son sitúaos a medio camiño do shoegaze, do spacerock, do noise e do punk, e inda que beben de influencias como The Jesus and Mary Chain, Spacemen 3 ou My Bloody Valentine, transmítennos vibracións puramente contemporáneas que, ao mesmo tempo, se afastan dos recunchos máis habituais e cotiáns. Poeticamente apocalípticos e críticos, forman unha perfecta banda sonora dos nosos días.
Onde: Parque de Belvís
Cando: 16 de Xuño | Escenario Principal: 22:00h
Que é a Romería Pop?
O compostelán Parque de Belvís acollerá o sábado 16 de xuño a Romaría Pop, un novo concepto de xornada musical, organizado por Desconcierto Cultural coa colaboración do Concello de Santiago. Dándolle unha volta de porca á tradicional romaría estival, Desconcierto Cultural enriquécea co mellor da escena independente galega e reformúlaa como un evento lúdico para públicos variados e oídos esixentes: un día cheo de música, actividades culturais, comida e bebida, con entrada totalmente de balde.A quen vai dirixido?
A Romaría Pop vai dirixida non só á comunidade melómana santiaguesa, senón a calquera persoa interesada en gozar do lecer e da cultura nunha xornada ao aire libre, polo que non han faltar durante o día múltiples actividades destinadas a toda a familia. Para os máis pequenos haberá obradoiros musicais infantís, concertos específicos dos grupos participantes cun repertorio exclusivo para a ocasión e actividades de creación de camisetas e de divulgación ambiental. Pequenos e maiores poderán, ademais, pasar o tempo entre concertos nas presentacións culturais e nos postos de venda dispostos para a ocasión, gozar da ambientación musical ou achegarse ás barras de comida e bebida repartidas polo parque.Quen anda detras de todo isto?
Desconcierto Cultural é unha asociación aberta a quen se queira unir a ela e a través da cal pretendemos dinamizar a escena galega con iniciativas e proxectos culturais de todo tipo, inda que coa música como referente principal. Se queres contactar connosco ou enviarnos calquera suxestión, pódesnos escribir aquí.









