Sr. Fluzo

E se as cancións só fosen tempo? Un tempo de abstracción absoluta capaz de te transportar ao pasado, de fixar o presente, e mesmo de ver o futuro. Sr. Fluzo trata de facer este exercicio/viaxe nas súas cancións, mergullando na súa memoria e na memoria colectiva da súa xeración, facendo referencia nalgunha das súas composicións ao mellor cine de aventura dos oitenta no que o ímpeto adolescente brillaba de principio a fin, alimentando os soños de tantísima xente nova.
Se as cancións só fosen tempo, e a súa escoita só unha viaxe, o Sr. Fluzo estaría no certo: a música é a máquina do tempo.
Onde: Parque de Belvís
Cando: 16 de Xuño | Escenario Principal: 14:30H
Que é a Romería Pop?
O compostelán Parque de Belvís acollerá o sábado 16 de xuño a Romaría Pop, un novo concepto de xornada musical, organizado por Desconcierto Cultural coa colaboración do Concello de Santiago. Dándolle unha volta de porca á tradicional romaría estival, Desconcierto Cultural enriquécea co mellor da escena independente galega e reformúlaa como un evento lúdico para públicos variados e oídos esixentes: un día cheo de música, actividades culturais, comida e bebida, con entrada totalmente de balde.A quen vai dirixido?
A Romaría Pop vai dirixida non só á comunidade melómana santiaguesa, senón a calquera persoa interesada en gozar do lecer e da cultura nunha xornada ao aire libre, polo que non han faltar durante o día múltiples actividades destinadas a toda a familia. Para os máis pequenos haberá obradoiros musicais infantís, concertos específicos dos grupos participantes cun repertorio exclusivo para a ocasión e actividades de creación de camisetas e de divulgación ambiental. Pequenos e maiores poderán, ademais, pasar o tempo entre concertos nas presentacións culturais e nos postos de venda dispostos para a ocasión, gozar da ambientación musical ou achegarse ás barras de comida e bebida repartidas polo parque.Quen anda detras de todo isto?
Desconcierto Cultural é unha asociación aberta a quen se queira unir a ela e a través da cal pretendemos dinamizar a escena galega con iniciativas e proxectos culturais de todo tipo, inda que coa música como referente principal. Se queres contactar connosco ou enviarnos calquera suxestión, pódesnos escribir aquí.









